Quen somos

Que é a HOAC?

A “Hermandad Obrera de Acción Católica” (HOAC) foi creada en 1946 pola Igrexa española, como movemento especializado dentro da Acción Católica para a evanxelización do mundo obreiro.

Está formada por homes e mulleres que decidiron vivir a fe e o seguimento a Xesucristo nas condicións de vida e traballo do mundo obreiro, nos sectores máis débiles e empobrecidos, realizando un compromiso evanxelizador no seu lugar de traballo, nos seus ambientes, nas organizacións obreiras…, participando activamente na súa Igrexa diocesana, achegando así a Igrexa ao mundo obreiro e o mundo obreiro á Igrexa. Os membros da HOAC chamámonos militantes.

Unha tarefa fundamental da HOAC é facer xurdir, formar, orientar e soster militantes obreiros cristiáns cun Proxecto Evanxelizador. De aquí a importancia que ten a formación, entendida como o logro progresivo dun modo de ser, de pensar, de sentir, de actuar e de vivir, persoal e comunitariamente, profundamente cristián.

Os nosos plantexamentos

  • A persoa, un instrumento de produción?

O traballo é cada día máis escaso e máis precario. As persoas son utilizadas como instrumentos de produción cuxo custo hai que reducir ao mínimo.

Con todo, a persoa é o máis importante de todo canto existe e as súas posibilidades de vida dependen do seu traballo. As necesidades básicas da persoa: saúde, educación, vivenda, descanso… convertéronse nun luxo para moitos traballadores e traballadoras e para quen non poden acceder a un emprego.

O traballo debe posibilitar os recursos necesarios para vivir con dignidade e formar unha familia.

  • Hai outra forma de vivir

«O traballo mídese sobre todo co metro da dignidade da persoa que o realiza» [Xoán Paulo II: Laborem Excercens, 6].

«Ante a realidade actual, (con tantos conflitos sociais…) débese ante todo lembrar un principio ensinado sempre pola Igrexa: o principio da prioridade do «traballo» fronte ao «capital». [Xoán Paulo II: Laborem Excercens, 12].

Convencidos da dignidade da persoa traballadora, na HOAC:

  • Queremos construír un proxecto de vida que nos axude a vivir en liberdade: optando pola COMUÑÓN fronte ao individualismo, pola SOLIDARIEDADE fronte á competencia e polo SER fronte ao ter.
  • Queremos compartir a vida cos nosos compañeiros e compañeiras de traballo, cos nosos veciños do barrio… e expornos con eles que podemos facer para que o noso mundo sexa máis xusto e máis humano.
  • Queremos transmitir o tesouro da fe en Xesucristo e o seu Evanxeo, clave para a reconstrución da persoa e o mundo.
  • Cómo o facemos?

O cambio do noso mundo esixe nosa propia transformación persoal. A FORMACIÓN, co método de acción-reflexión-acción, posibilítanos actuar con criterio e ir forxando en nós actitudes liberadoras. Esa liberación concrétase no COMPROMISO que, xunto con outros, o militante realiza: como achega real á toma de conciencia e á transformación do pequeno mundo en que vivimos, incluída a propia conversión persoal. Na base deste proceso recoñecemos a acción do Espírito de Jesús que traballa en nós e en todos. Para percibilo así e responder adecuadamente coidamos a ESPIRITUALIDADE cristiá como dinamismo que posibilita a entrega, fortalece na loita e anima a esperanza no medio dunha vida comprometida

Advertisements