Rovirosa

Guillermo Rovirosa Albet nace en Vilanova i a Geltrú (Barcelona) o 4 de agosto de 1987. Aos 18 anos rompe coa vida cristiá e comeza os estudos na escola de Directoras de Industrias Eléctricas de Barcelona. En 1922 casa con Catalina Canals. Vive un tempo de desorientación e de procura da verdade nas filosofias e correntes relixiosas do momento. Trasládanse a París.
Unhas palabras casualmente ouvidas ao Arcebispo de París fanlle ver que rexeitou a Xesucristo sen coñecelo realmente. Por honestidade, emprende un proceso de información sobre a figura de Xesús que culmina coa súa conversión á fe cristiá en Nadal de 1933.
Traballa en Madrid. Alí sorpréndelle a guerra civil. É elixido presidente do comité obreiro da súa empresa. Organiza unha capela clandestina na súa casa. Entra en contacto coa Doutrina Social da Igrexa. Ao terminar a guerra é condenado a 12 anos de cárcere, dos que cumpre un.
A finais de 1940 incorpórase á Acción Católica. En maio de 1946 os bispos de España encárganlle a tarefa e organizar e pór en marcha a Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), como movemento apostólico especializado para obreiros adultos. Dedicarase de maneira total ao apostolado no mundo do traballo, vivindo como un obreiro pobre.
Viaxa infatigablemente por toda España, organizando cursos, fai posible o semanario obreiro “TU!”, dirixe o “Boletín HOAC”, visita a maioría dos Seminarios, coida especialmente a formación de militantes. A súa palabra fonda e directa conmove sempre, reclamando a vivencia xenuína do Evanxeo, a valoración do traballo e a dignidade do obreiro.
En 1957 a xerarquía eclesiástica retírao da dirección da HOAC. Rovirosa asúmeo con inmensa paz e, en diante, e tras un accidente en que perde un pé, fai longas estancias en Monserrat. É este un tempo moi fecundo, de profundización espiritual, de avance no seu pensamento e de permanente colaboración apostólica.
O 27 de febreiro de 1964 morre en Madrid.
O seu proceso de canonización atópase aberto. A súa santidade é algo que para nós está fóra de toda dúbida.
Advertisements