Fin de Curso

O curso tómase un descanso durante a época estival e a Hoac Mondoñedo-Ferrol prepara a convivencia de verán que este ano a levará o día 26 de Xuño ao albergue que a parroquia de Santa Cruz (Canido) ten no pobo de Esmelle.
A elección da sede deste encontro de militantes e simpatizantes non pode ser máis apropiada. O feito de que Gabriel Vázquez Seijas (Don Gabriel) fose o promotor desta fantástica obra, hoxe infrautilizada, pero que durante anos converteuse en centro neurálxico e dinamizador deste barrio ferrolán, é sen dúbida unha homenaxe a este querido párroco cuxo nome foi adoptado polo grupo de iniciación que este ano empezou o seu camiño.
Será sen dúbida unha boa oportunidade para impregnarnos do espírito deste gran home e gozar dunha xornada festiva na que reflexionar sobre o acontecido ao longo dun ano no que oito mozos (polo menos no espírito!!) incorporáronse á marcha da HOAC con enorme ilusión, conseguindo un grupo tremendamente cohesionado que dará os seus froitos puco a pouco. Os que formamos parte del estamos convencidos que é máis importante o fondo que a forma, polo que superaremos calquera dificultade conscentes de que é o Señor o que nos guía. Esta convivencia axudaranos a coñecernos máis e a profundar nos lazos de amizade que nos unen.
O Albergue de Esmelle espéranos!!!