Camiñando cara o día da HOAC 2011

Cousas da tecnoloxía. Foron un bo número de fotografías as que sacamos do Día da Hoac 2010 que se celebrou o pasado domingo 25 de abril no colexio Santa Juana de Lestonnac, pero parece que os trasgos nos impediron mostralas até hoxe, e só en parte. Así pois, como as mellores teleseries, mostrarémolas en capítulos. Mañá máis.

Bótanse en falta algunhas das máis entrañables, como a que fixemos ao final todo o grupo ou as da representación teatral, pero estamos seguros de poder ofrecelas en breve.
A xornada matutina foi intensa, comezando coa presentación dos diferentes traballos levados a cabo polos militantes de Ferrol e Vigo na integración de inmigrantes e mulleres de etnia xitana, sempre mantendo o fío condutor ao que lle estaba adicado o día.
A comida compartida permitiu estreitar os lazos entre as delegacións de Ferrol e Vigo e unha estrea para o grupo de iniciación que, coa axuda do señor, manterá acendida a chama da HOAC durante as próximas décadas. Todos confiamos en que así sexa.
A eucaristía participada continuou rompendo as fronteiras que puidesen quedar en pé en todos nós e deu paso á sempre triste despedida.
Esperamos que sexan moitos máis os días da HOAC que podamos celebrar no futuro.
G. Leira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s