DÍA DA HOAC 2010

A “Hermandad Obrera de Acción Católica” celebramos o Día da Hoac o próximo domingo 25 de abril de 2010, baixo o lema “Inmigrantes: romper fronteiras, construír humanidade”

O día da HOAC é unha celebración anual na que queremos compartir coa cidadanía e na comunidade eclesial a realidade actual do mundo obreiro, este ano centrada nas traballadoras e os traballadores inmigrantes. Con iso, queremos expresar a nosa experiencia de vida e de acción humanizadora e evanxelizadora no mundo obreiro.
Cremos necesario pararnos a ver e analizar a situación actual das persoas inmigrantes no noso país: os seus rostros, as causas da súa vinda, os efectos da crise económica -que, como máis débiles, padecen de modo máis grave-, a nova Lei de estranxeiría e a súa aplicación- que se leva a cabo en moitos casos de modo desapiadado e inhumano.
Ante a inmigración, a actitude cívica e política máis humana e á par máis intelixente é a integración mútua: os inmigrantes han de asumir os aspectos fundamentais e positivos do noso acerbo cultural e social,a a vez que nós habemos de aceptar tamén os valores apreciables das súas tradicións culturais. A integración supón tratalos con respecto e solidariedade e establecer con eles relacións sociais, laborais e institucionais.
Como cristiáns, habemos de dar un paso máis: as persoas inmigrantes, revestidas dunha inviolable dignidade, son fillos e fillas de Deus, irmáns e irmás, que habemos de acoller e facer destinatarios da nosa acción xusta e solidaria, do noso amor fraterno. Non é só cuestión de permitir que algúns emigren: hai que facer un mundo máis fraterno. Iso significa que a min me ten que doer cando alguén o pasa mal alí ou aquí.
Así pois, temos ante nós a inxente tarefa de humanizar a nosa cultura e a nosa sociedade, comezando polo recoñecemento da dignidade humana e dos dereitos humanos de todos, das traballadoras e os traballadores empobrecidos e, entre eles, dos inmigrantes.
A igrexa habemos de converternos, dende o Evanxeo e a súa Doutrina Social, ao amor afectivo e efectivo,a a solidariedade real cos inmigrantes. Abundan en bastantes membros da igrexa valoracións e actitudes de indiferenza discriminación e mesmo de rexeitamento cara a eles, que non son dignas dunha conciencia cristiá.
Queremos que o Día da HOAC sexa un momento festivo, aberto, ilusionado e construtivo onde celebrar e compartir a vida da HOAC co mundo obreiro e de reflexión e denuncia da realidade conflitiva que está a afectar á vida destes traballadores e traballadoras inmigrantes.
HOAC DE GALICIA

Programa día da HOAC 2010

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s